Comentario de Alba Gómez
O novo diario dun xove maniático
Aidan MacFarlane. Ann McPherson
Un rapaz chamado Pete
Payne de catorce anos descobre que é un completo maniático da saúde. Durante un
ano recolle no seu diario os seus pensamentos e unha ampla investigación sobre
aspectos como o alcohol , o sexo, o acne, as dietas e moitas enfermidades.
É importante salientar
que a maioría dos datos que se contan xa os coñecía, por iso este libro non me
serviu de gran axuda. Non obstante, pareceume moi interesante e entretido. A súa
lectura resultoume sinxela e moi rápida.
O novo diario dun xove
maniático non espertou
gran intriga pero unha vez que comezas a ler enganchas facilmente.
Para o meu parecer o que
resalta no libro son as páxinas que falan sobre o diario da súa irmá. Tamén se
fala de temas interesantes e que Pete indagara nel causoume graza e
interese polo que logo escribiría.
A idea de que o autor
para transmitir aos adolescentes vergonzosos sobre estas realidades fose
escoller un rapaz con hipocondría chamoume a atención e agradoume. Unha
maneira entretida de aprender.
En conclusión, este libro
paréceme engaiolante pero recomendaríao a adolescentes duns doce anos xa que me
parece incrible a forma na que transmite curiosidades que aos vergonzosos lles
custas preguntar e podería axudarlles.
Sen comentarios
Publicar un comentario