Comentario de Alba Gómez Barros
A Rateira
Agatha Chistie
Vicens Vives
A Rateira
Agatha Chistie
Vicens Vives
Nesta obra unha parella
de mozos herdan unha mansión e convértena nunha casa de hóspedes. Nunha noite
de inverno chega un sarxento de policía que lles advirte aos moradores que
están en perigo. Teñen relación cun crime cometido en Londres. A partir dese
momento a casa convértese nunha rateira.
Esta obra pareceume
bastante interesante, de gran suspense, que me mantivo na lectura deste libro
dende un principio ata o final. Foi unha lectura sinxela e rápida a pesar de
que o xénero policial non é o meu punto forte.
A forma na que Agatha
Christie narra os feitos provocoume intriga e púxenme na pel dun detective
debido a que logo dun asasinato as pistas vanse amosando pouco a pouco.
A pesar de que fose unha
obra teatral e para min non sexa común ler este tipo de libros, gustoume moito
e metinme perfectamente na obra e na situación de cada personaxe.
Cómpre resaltar que toda
a acción transcorre no mesmo espazo e por iso os conflitos entre os personaxes
creáronme algunha confusión.
Atraeume todo o libro,
pero o acto segundo foi o máis me chamou a atención. Acabeino dunha soa
sentada.
En conclusión A
rateira gustoume moito e mantivo en min a intriga todo o tempo.
Recomendaría a persoas sobre todo que lles guste o xénero policial.
Sen comentarios
Publicar un comentario