Dous irmáns e dous mundos
diferentes. Ian é un mozo demasiado brillante para ser aceptado. Polo contrario
Liber desexa ser popular e aceptada socialmente. Cando a nai volve aparecer
despois duns anos, os irmáns vense no medio de dous extremos, con resultados
divertidos.
É importante destacar que
este libro chamoume a atención dende un principio, xa non só polo tema senón
pola forma que utilizou o autor para narrar. Os capítulos vanse contando dende
distintos tipos puntos de vista, é dicir, que o primeiro é narrado en primeira
persoa por Liber e o segundo dende o de Ian. Así seguidamente. Pareceume unha
forma moi atractiva e interesante xa que lograbas poñerte perfectamente no
lugar dos dous irmáns.
Tamén me chamou a
atención o carácter de Ian. Sentíase extraterrestre e sempre se vía involucrado
en pelexas e problemas con Eslabón Perdido. Resultoume divertido e de gran
comicidade. Ademais espertoume intriga Liber, cando o seu obxectivo era
integrarse nun grupo popular, conseguiríao?
Cómpre salientar que a
historia desenvolvíase nun ambiente cómico. Seu pai é un rexeitado social e
hippy. A súa nai abandonou os seus fillos xa que debía encontrarse a si mesma.
A pesar de que a portada
non me chamou moito a atención, Mookid e Liberty resultoume entretido e
divertido. A lectura foime doada e rápida, xa que como dixen antes a forma de
narrar é orixinal. Recoméndoo a calquera compañeiro e penso, que se o len, lles
gustaría.
Sen comentarios
Publicar un comentario