Conta a historia dun
rapaz de 16 anos ao que lle diagnostican un cancro terminal. El, coma calquera
adolescente, non entende por que ten que morrer tan novo con todo o que lle
queda por vivir. Logo ten que decidir onde pasar o tempo que lle queda. Mais
coñece a Helene, unha rapaza aínda máis enferma ca el. Coa aparición do amor
descobre que o tempo que lle queda quere pasalo con ela.
Cómpre salientar que este
libro xa me chamou a atención dende un primeiro momento, tanto o título coma a
súa portada. Tamén a primeira frase coa que comeza xa é impáctante.
Este libro gustoume
moito, e enganchoume na lectura del, case sen dar parado de ler xa que o tema é
moi atractivo.
Ás veces quero morrer coa
risa transmitiume
moita tristura, é un destes libros que enchen os ollos de bágoas.
O que máis me chamou a
atención dentro da trama principal foi a dificultade que tiña Nils para
expresarse con claridade cara aos seus pais. Non lograba dicir o que quería
nese momento, que precisaba deles.
É importante resaltar que
este libro fíxome reflexionar e poñerme na pel de Nils. Pensar que hoxe en día
adolescentes coma min queremos abarcar e ter todo e outros encóntranse en
situacións nas que só queren estar ben e sans.
En conclusión pareceume
moi fatídico e moi entretido. Ensinoume a valorar o que teño. Recomendaríao a
calquera persoa, xa que é interesante e chamaría atención. Calquera podía
poñerse dentro do libro, na pel dos pais ou na de Nils.
Sen comentarios
Publicar un comentario