A
autora deste libro mostra a evolución do
protagonista de Ánxela a Álex, que non soamente supón un cambio de xénero senón a procura da liberdade dende a infancia dunha “nena” que nunca quixo selo.
Coñecemos
os pensamentos e preocupacións de Álex, que dende a súa infancia séntese
distinto das rapazas que coñece, e que sofre todo tipo de discriminacións por
ser muller. Trata como percorre o camiño para conseguir o que se sente e o que
quere co apoio incondicional do seu avó.
Este
mozo transexual abre un blog para compartir a súa vida, a súa infancia, e como
se sente. Trata de dicirlle ao mundo que non é unha enfermidade e cambiar o
pensamento da sociedade.
Por
que este libro ten como título “22 segundos”? Porque tarda ese tempo en
subirse o arquivo ás redes.
Gustaríame
que o libro fora máis longo para coñecer mellor a Alex e profundar máis na
súa evolución e cambio. A pesar disto paréceme un relato fresco e que non vén
nada mal lelo. Refresca ideas e ata nalgúns momentos grazas a estar escrito en
primeira persoa, ponte na propia pel do personaxe.
Sen comentarios
Publicar un comentario