Esta novela foi
escrita por Eva Mejuto, unha xornalista
e escritora. A autora describe a historia dun rapaz que logra converterse na
persoa que realmente é.
Esta novela
ensínanos que a identidade dunha persoa non ten por que coincidir coa que marcan
os xenitais e que debemos sentirnos cómodos connosco mesmos.
O protagonista
do libro é Álex , un mozo transexual , que narra como foi a súa vida. Antes a xente coñecíao como Ánxela , aínda
que tamén lle chamaban Xela.
Ánxela de
pequena non era unha nena como as demais. Ela non quería xogar con bonecas, nin
poñer vestidos que lle mercaba a súa avoa ou calquera tipo de roupa que fose moi
feminina, e tampouco quería ir peiteada como as outras nenas. Ela quería levar solto
o seu pelo rebelde.
Por outra parte, Xela quería xogar cos rapaces ao fútbol, aínda que
había algún que non estaba moi de acordo, pero ela se quería xogar, xogaba.
Sempre loitou polo que quixo.
Por outra banda
temos a súa familia. O seu avó era alguén fundamental para Álex xa que sempre o
apoiou nas súas decisións. A súa nai quería que fose unha nena coma outra
calquera, pero acabou asumindo que Xela era diferente, porque nunca sería unha
rapaza. Tamén é importante salientar a Ana, unha amiga de Álex, a cal se
acabaría convertendo co paso do tempo na súa parella. Estas tres persoas serán
primordiais , xunto cunha psicóloga , para que se produza o tránsito.
Finalmente,
podemos sacar como conclusión que cadaquén debe ser feliz coa súa identidade,
e en ocasións iso non ocorre, e por iso se debe loitar para ser o que realmente
te sentes.
Sen comentarios
Publicar un comentario