A Historia mostra a
evolución do protagonista, un neno trans que pasa de ser Ánxela a Álex, o que
non soamente supón un cambio de xénero, senón unha busca da liberdade
dende a infancia dunha nena que nunca quixo selo.
Coñecemos os pensamentos e
preocupacións de Álex, que dende que era pequeno séntese distinto das
rapazas que coñece, e que sufre todo tipo de discriminacións por ser muller que
son importantes na formación da súa personalidade.
O seu avó, acompañado tanto na
infancia como na adolescencia, e forma un personaxe esencial na novela, Álex
acode a el para ser quen é realmente, e aparece nas escenas máis simbólicas e
importantes.
O nome do libro ven dado pola
decisión de Álex de gravar un videoblog para contar a súa experiencia. 22
segundos foi exactamente o que se tardou en subir á rede.
É unha novela bastante corta e
sinxela, que se lee nun intre, pero que te atrapa completamente.
O tema da transexualidade tratado
nesta obra paréceme moi interesante, xa que aínda en pleno século XXI, a xente
sigue xulgando as persoas trans por intentar ser quen realmente son, chegando
incluso a asocialos coa prostitución, sen saber como é o día a día dunha persoa
afectada polos prexuízos socias.
Gracias a novelas de este tipo
que axudan a entendelos e poñernos no seu lugar, quizais, algún día, nos
deixemos de xulgar á xente por ser diferente, cando ser distinto ó resto, é
unha virtude e non un defecto.
Sen comentarios
Publicar un comentario