Comentario de Irene Mariño
Millo verde
Xosé Fernández Ferreiro
Xerais
Millo verde
Xosé Fernández Ferreiro
Xerais
Unha mañá os periódicos
de Vilagrande publican a noticia de que un profesor dun instituto de ensino
medio, chamado Xosé Manuel Ortiz Cancela, foi detido pola suposta violación dunha
alumna que era menor de idade. Todo o mundo queda sorprendido ante a noticia,
dada a popularidade e o prestixio do profesor. Todos se preguntaban como puido
acontecer esta traxedia. O profesor vaise converter nun señor a quen ameazan e
insultan. Mentres a rapaza pasa por outro inferno.
É unha narración
sorprendente e cun desenlace moi inesperado. Ten un enfoque realista cun gran
toque de intriga. Millo verde engaioloume na esculca da verdade sobre un
terrible suceso.
Creo que esta novela
constitúe unha denuncia da hipocrisía dunha sociedade que procura culpables
inmediatos para agachar as súas doenzas máis profundas.
Sen comentarios
Publicar un comentario