Este libro inspírase nunha noticia xerada do apreixamento
dun somerxible destinado a introducir cocaína co pano de fondo dunha conexión
entre narcotraficantes galegos e colombianos. A protagonista é Inés Landeira,
unha muller que se viu involucrada nese delito e que ve ameazado o seu futuro
pola colaboración prestada naquel suceso
.Esta muller atesoura un papel crucial na novela pois simboliza os desexos de
fuxir de todo ese mundo, o certo é que boa parte do interese da proposta
repousa as características físicas e
psicolóxicas dos personaxes en que estes alentan : as humillacións, a explotación sexual, a prostitución, a
chantaxe, o tráfico ilegal da droga e a corrupción do poder policial que
dominan outro conxunto de personaxes: o narco Jairo Mendoza e a súa compañeira
María; o confidente Maseda…
Gustoume porque o autor
Ameixeiras, vai máis alá dunha novela negra: ofrece un retrato da propia
condición humana, das fendas que esta amosa e das presións que a vida orixina. Semella
optar por transmitir un discurso que evidencia a miseria moral e a derrota cotiá .
Sen comentarios
Publicar un comentario