Comentario de Sara Grnaja Sanmartín
Crónicas marcianas
Ray Bradbury
Xerais
Debo empezar
dicindo que a ciencia ficción nunca foi algo que me interesase especialmente.
Podería dicirse que este é o primeiro libro deste xénero que leo, e
sorprendeume para ben.
Cónicas Marcianas
conta a historia da colonización de Marte por parte dos humanos dende o ano
1999 a 2026 contada a base de historias curtas case inconexas entre si, pero
que xuntas conseguen contar unha historia que vai máis alá dunha historia de
extraterrestres.
Crónicas
Marcianas é, sen dúbida, unha gran crítica a moitos aspectos da sociedade, así
como ao home en xeral. Temas como o racismo, a cultura e a relixión, entre
outros, son tratados nos relatos deste libro dunha forma amena usando a
colonización de Marte como escusa para facerte pensar.
Un libro moi
recomendado, gústeche ou non a ciencia ficción e, definitivamente, un dos meus
favoritos a partir de agora.
Sen comentarios
Publicar un comentario