O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Pasqual Alapont
Xerais
Este é un
deses libros que todos deberíamos ler polo menos unha vez na vida.
O inferno de
Marta conta a relación entre Marta e Héctor desde que se coñecen ata a súa vida
diaria vivindo xuntos.
As primeiras
páxinas xa deixan moi claro que este libro falará do avance dunha relación de
maltrato, pero tamén trata temas como a amizade, a confianza e o medo en xeral.
Por último,
o libro tamén conta cunha parte na que, no lugar de contar a historia, fálase
directamente ao lector ofrecendo consellos sobre como detectar ou rematar unha
relación tóxica.
Nunha época
na que a violencia de xénero é algo que se da a diario este é un libro moi
importante para concienciar a xoves e adultos.
Sen comentarios
Publicar un comentario