Genet Mullugueta, a protagonista, narra a loita pola supervivencia de nenos e nenas contra a fame. Como tamén demostra a incrible importancia que pode adquirir a palabra amor, ao sentilo cara a unha nai.
O personaxe que máis me gustou foi Toiba, a nai. Pois o seu esforzo e amor pola súa filla é un verdadeiro exemplo a seguir, xa que fixo o imposible por ela. Tamén creo que é admirable o personaxe de Meseret, un gran exemplo de bondade, pois a causa da carencia de cartos de Genet axudoulle, sen importarlle non recebir nada a cambio, feito que me parece moi humilde e digno de destacar.
É un libro recomendable a calquera idade, pois abre os ollos ás ignoradas situacións que sofre moitísima xente en moitas zonas do mundo. Á súa vez demostra que o máis importante é o esforzo e o traballo, como tamén fai ver que ambos sexos son iguais, realidade que incluso a día de hoxe non está asumida, e que co paso do tempo se debería ir introducindo máis en todos os tipos de sociedade.
Sen comentarios
Publicar un comentario