ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

25/04/13

Ás veces quero morrer coa risa

Comentario de María Framiñán

Ás veces quero morrer coa risa
Birgit Schlieper, Nina Stahl
Galaxia


A min este libro encantoume, pola forma de expresar os sentimentos das persoas. Unha historia para ver todo o que tes na vida e tan só cunha palabra esvaécense os soños, o futuro, as alegrías, absolutamente todo.
Non agardaba que finalizase así, eu cavilaba que Nils falecería nos brazos dos pais e que a súa irmá Laura regresaría de EEUU por sorpresa, para botar con el o tempo que lle quedara. 
Chorei co libro, é moi emotivo e logra tal empatía co lector que semella que todos teñamos cancro.
Creo que alguén que viña de sufrir unha perda semellante non debería ler este libro.
Un dos momentos máis emotivos pareceume cando lle explica á súa irmá como quere que sexa o seu enterro e a súa herdanza. Tamén me impactou que non lle fale aos pais como sente nin como pensa, senón cunha máscara.

Sen comentarios