Comentario de
Lucía
García Rodríguez
O neno do pixama a raias
John Boyne
Faktoría K
Este libro está ambientado no Holocausto nazi. Cando o comecei a
ler non podía parar, xa que é moi entretido e ten un vocabulario sinxelo. O
final sorprendeume moito, imaxineime que Bruno, o protagonista, voltaría a
Berlín no canto de sucederlle tal desgraza... Tamén é certo que debería pensar
de antemán as consecuencias de facerse pasar por outra persoa.
Bruno é un exemplo de humildade que axudou ao seu amigo Shmuel no
que puido sen importarlle a súa procedencia. Creo que non acaba de entender o
que sucede nin a función do seu pai.
Como é normal os soldados desa época son uns senvergoñas, xa que por
estar nun alto cargo deben respectar as persoas. Como se adoita dicir "trata
aos demais como queiras que te traten a ti."
Hai unha frase que me gustou moito : "ollos que non ven corazón
que non sente," isto é, se non volves ver a unha persoa apreciada
remátaste olvidando dela.
Este libro gustoume moito e recoméndoo.
Sen comentarios
Publicar un comentario