Comentario de Carlota Vázquez Pacheco
Amor é unha palabra coma outra calquera
Francisco Castro
Galaxia
Amor é unha palabra coma outra calquera
Francisco Castro
Galaxia
Para comezar,como podemos
observar,este libro fálanos do amor... pero non do amor que estades a
pensando, non é o amor romántico nin o que estamos acostumados a ver e ler nas
novelas románticas, senón que nos fala do amor que Carla, a protagonista neste
caso, sente, vive, soña, e sobre todo o amor que lle falta.
Carla é unha rapaza moi
insegura, que a partir de coller os seus cascos e saír a camiñar polas rúas de
Vigo, escoitando música, vólvese máis forte. Carla sentíase moi protexida pero no
momento que perde o seu punto de gravitación, neste caso o seu marido, empeza a
sufrir.
En tres días imos coñecer unha Carla totalmente distinta, xa que se converteu nunha persoa moi
independente.
Gustoume moito este libro, porque Carla amosa o poder que temos a mulleres, o poder que temos a elixir con
quen queremos estar e tamén o poder de facer o que realmente queremos facer, xa
que somos LIBRES.
Por último, quero recomendar este
libro a todas as mulleres que nalgún momento se sentiron mal e sufriron por
culpa da súa parella, e tamén a todas as rapazas que están a tempo de cambiar a
súa vida e empezar a crer en si mesmas.
Sen comentarios
Publicar un comentario