ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

27/01/16

O siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte

Comentario de Vanesa Lalín Pousa


O siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte
Antón Alonso Ríos
A Nosa Terra



Cando collín na biblioteca este libro imaxinei que contaría unha historia sobre un señor, un señor xa maior, pero non foi así, este “Sinor Afranio” era moito máis novo do que eu pensaba, sorprendéndome moito por ser unha autobiografía do propio autor, Alonso Ríos, que se escondeu detrás dese personaxe para así poder escaparse ou máis ben refuxiarse da morte .
O “Sinor Afranio” agóchase para que os falanxistas non o apresaran, para min foi un home con moito valor, que grazas os seus enxeños ía escapando dos seus verdugos, onde o seu único obxetivo era seguir con vida, xa que foi un gran loitador das súas ideas, que o levaron a esa situación onde tivo que vivir coa pobreza, coa fame, coa soidade que nesa época eran moi común aquí na nosa terra, debido ás inxustizas e abusos políticos que se cometían en moitas ocasións.
Gústoume moito a maneira de enfrontarse aos problemas que lle ían xurdindo, onde sempre sabía o que quería, e coas súas ideas improvisadas logrou conseguir fuxir por distintos lugares de Galicia, ata que por fin conseguiu o seu propósito, chegar a Bos Aires e seguir alí loitando polas súas ideas que nunca deixou esquecer.
Este o principio foi un libro que pensei que non me ía gustar, paréceme que pode ser que cando o abrín e vin tanto prólogo pareceume aburrido, pero non foi así, xa que aínda que por un lado pode ser triste debido ás inxustizas que se cometen, por outro lado a maneira de enfrontarse a elas o protagonista sacoume algún sorriso debido a maneira de buscar solucións para todo.
Por outro lado que o personaxe principal chegara a poder conservar a súa vida foi algo que me fixo sentir ben, despois de tantos traballos veuse recompensado dalgunha maneira.
E como resumo este libro foime fácil de ler e ensinoume algo máis do que pasaba aquí en Galicia durante a guerra civil, onde calquera de nós, nesa época podería estar na mesma situación cá Afranio .

Sen comentarios