A noite enriba
Diego Ameixeiras
Esta novela negra de Diego Ameixeiras
gustoume; resultou doado seguir todo o seu traxecto, debido
a que nuns capítulos nárrase a historia de Selma e de Vicente e hai outros no
que se fala da novela que vai escribindo Vicente ao longo da historia
principal.
A noite enrriba ten tres partes e en cada
parte hai varios capítulos.
A historia comeza dando a coñecer un pouco a
vida dos tres principais protagonistas. Selma ten problemas familiares e co seu
ex mozo, é unha drogadicta cun amigo chamado Vicente, que actúa como pai dela.
Vicente é un escritor con cancro. No traxecto da historía narra a súa novela na
que os portagonistas Caimán e Manchado atracan unha xoiería e todo vólvese en
contra deles.
A medida que acaba a primeira parte e comeza a
segunda o autor vai introducindo novos personaxes como son Gabriel Varela o pai
de Selma, a nai de Selma , Álvaro, Aurelio..
Unha parte do libro que pensei que non ía
aparecer foi a historia de como Vicente e Selma se coñeceron; non é un relato
no que el lle salvara a vida nin cousas polo estilo, é unha historia na que un
domingo calquera vendíanse libros vellos e Vicente comezara a falar con ela e
antes de marchar regaloulle algún libro
seu.
O personaxe de Selma é moi intrigante porque
non dá motivos do que fai nin do que lle sucede aos seus seres queridos, polo
tanto hai que intuílo. Ela é unha rapaza intelixente xa que Ricardo nun momento
da historia séguea para saber onde vive pero el, notara a súa presenza.
Vicente pareceume un señor bastante maior e
desgastado pola vida, a citación na primeira parte dos libros que escribiu nuns
poucos meses deume a entender que foi un gran escritor e que tivo moitos
encargos ata o momento, pese a que non
mencione que fora famoso.
Falouse tamén do personaxe de David Goodis e
dos seus gustos á hora de escribir, esa parte foi unha das que me custou
entender pero despois de volvela a ler con calma entendino mellor.
Foi moi interesante e gustoume moito.
Sen comentarios
Publicar un comentario