
Comentario de Vanesa Lalín Pousa
Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
Este foi o
primeiro libro que lin de teatro , por outro lado era unha
comedia , polo cal pensei que non me ía gustar , pero resultoume moi entretida
.
Nun principio parecía unha trama real, pero todo empezou a cambiar. Así xurdiron
situacións moi divertidas para min pero non tan divertidas para os personaxes da
historia .
Eu creo que ao longo do libro se intenta reflexar a
ambición que se pode chegar a ter por conseguir unha herdanza ou un ben, pero
esta situación levou os personaxes a rematar de maneira tráxica .
Todo isto levoume a reflexionar que os bens
materiais non son todo na vida , senón que o importante de verdade son os verdadeiros
sentimentos , non os falsos e interesados .
1 comentario:
O libro en sí, gustoume bastante. É unha novela moi cómica o que me resultou moi entretido e fácil de ler.
Querialle dar a noraboa a Suso de Toro, un gran autor. E tamen destacar que hubo unha parte do libro na que me custou un pouco comprendelo, esa parte foi na que a vella, como o autor di, se mete no corpo de Rosiña, a sobriña mais nova á que lle deixou parte da herencia. Pois ahí non o din entendido moi ben porque non se sabia ben se falaban entre sí ou con outro personaxe.
O que máis me gustou da novela deste gran autor galego, foi a parte na que chega Rosiña as mans dos seus curmáns.
Sobre 10 valoro o libro cun 8,5, por como esta escrito e en como fixo esa novela cómica. Esta é a miña opinión.
Publicar un comentario