ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

03/11/14

Unha rosa é unha rosa

Comentario de Andrea Rodríguez Dobarro


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
 


O libro en si gustoume bastante.
Comeza coma unha historia corrente, posto que hoxe en día hai moita máis xente tacaña do que parece.
Despois complícanse as cousas, aparecen personaxes, novos testamentos, unha terceira persoa para repartir os cartos de Rosa..., todo isto axuda a engancharse ao libro para seguir lendo. Tamén ten algo de humor, o que lle dá un toque cómico a algunha situación un tanto tensa.
Cada personaxe desenvolve a súa función, é dicir , se faltase algún esta obra faríase de outra maneira algo distinta.
Todo o que conta complícase realmente cando Rosiña vella e Rosiña nova se xuntan no mesmo corpo, porque as dúas queren fala , pero unha sempre di o contrario da outra e por momentos non levan nada ben ir sempre ao carón da outra.
O final, para min, é un tanto inesperado.
En toda a obra úsase a linguaxe que empregamos a cotío, que o fai máis ameno para ler e máis entretido.Tamén emprega expresións burlescas, co personaxe de Rosa sobre todo, que lle da áintensidade ao diálogo.
É un libro que me gustaría ver representado, posto que se me gustou por escrito, espero que tamén ao velo e escoitalo.

Sen comentarios