ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

03/11/14

Unha rosa é unha rosa

Comentario de Noelia García


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
 
 

O libro gustoume,  pareceume interesante pero o final defraudoume bastante.
Pareceume unha historia que antes e agora sucede, que os pais e tíos traballaban para os seus fillos ou familiares honradamente e despois eles derrochan todo o diñeiro. Pero non chegan ao extremo de matalos para quedarse coa herdanza. Foron moi crueis e non tiveron corazón porque tamén deixaron a pobre rapaciña alí no hospicio ata que xa ía ser maior de idade, sen o cariño da familia e sen a súa herdanza. Ela era moi inocente e chegou onda eles pensando que ía pasar outra vida, preto da familia, das persoas que ela pensaba que a querían pero levouse unha gran decepción, e grazas que a súa tía lle abriu os ollos. 

O final defraudoume bastante. En xeral pareceume un pouco de ficción pero tamen algo de realidade.

Sen comentarios