ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

05/11/14

Unha rosa é unha rosa

Comentario de Guillermo Fernández Portas


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
  
 
Esta comedia de Suso de Toro teño que dicir que me gustou moito, aínda que pensei que non ía ser así cando lle dei a primeira ollada. Este libro creo que reflicte completamente o egoísmo e a avaricia da xente (neste caso a de Pololo e Adela sobre todo). Tamén se pode observar a prioridade da xente pola urbe deixando atrás as súas raíces campestres.
            Non me sentín especialmente reflexado en ningún personaxe pero se tivera que elixir un quedaríame con  Borja e a súa maneira tan "guai" de falarlle a seu pai.
            Por outro lado, a parte que cambiaría da historia sería a semellanza entre os casos de Colombo e os da propia historia, que me pareceron moi repetitivos. Por suposto,e xa para rematar, tamen cambiaría o final, que despois deste marabilloso libro pareceume en certo punto algo frío, esperábame saber máis información sobre o que ocorrería coa pequena Rosa.

1 comentario:

Christian Oro garcía dixo...

O que produce este libro en min e que todos os seres humanos somos moi egoístas, que queremos telo todo é conseguilo sen facer nada. E as veces aproveitamosnos de outras persoas para conseguir o que queremos e a min eso parece mal.
A min persoalmente o libro gustoume moito , eu recomendariallo a toda a E.S.O para que o lese.