
Comentario de Alberte Payo
Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
Esta obra é a primeira que chega as miñas mans deste autor
galego, Suso de Toro, do cal me informei por diferentes medios e teño que aclarar que é una persoa moi coñecida en Galicia e no resto da península.
Este libro relata moi ben a ambición e a cobiza que ten moita
xente da nosa sociedade, e a pesar anos que ten esta obra, é un tema que nunca
se debe deixar de lado.
A vella Rosa ten dous sobriños moi interesados na súa
herencia, Pololo e Adela. Pero failles saber que teñen que repartila tamén coa
filla doutra sobriña de Rosa que falecera ao dar a luz; pero eles queren ser os
únicos herdeiros.
A Rosa gustalle ver na TV una serie chamada `` Teniente
Colombo´´(eu preguntei na casa sobre este personaxe da televisión, pois non sabía
de que ía o tema. Agora si)
Na miña opinión, o autor combina moi ben o xénero humorístico
co medo e a intriga. É un libro bastante divertido e engánchate con facilidade.
Tamén podo usar unha expresión que resume o acontecido nesta obra. É a
seguinte: ``A COBIZA RACHA O SACO´´.
Sen comentarios
Publicar un comentario