ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

08/11/14

Unha rosa é unha rosa


Comentario de Xosé Manuel Fernández Taboada


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais

"Unha rosa é unha rosa" escrito por Suso de Toro é un libro interesante e á súa vez divertido, no que se expón un tema, neste caso a avaricia. 
Quizais nun primeiro momento o libro che dea a sensación de ser aburrido e pouco entretido pero cando o comezas ler, esa sensación vai desaparecendo da túa mente e durante a historia segues pasando páxina tras páxina case sen decatarte. Ademais de ser entretido , esta obra é moi cómica a pesar de que haxa un asasinato ao comezo do relato. O seu final é aberto, o que me gustou moito xa que ao rematar a historia non sabemos que foi da inocente Rosiña. Outro tema que me gustaría destacar e do que te fixas unha vez que rematas o libro, é que o título é algo dubidoso, xa que nel o único que aparece relacionado coa historia é a palabra "rosa" que neste caso é o nome de dúas das personaxes que aparecen na obra.
Para rematar, o que quero dicir é que este libro pode dar mellores sensacións se o modificamos un pouco en canto ao título pero pola outra parte, é un libro que eu recomendo xa que é moi sinxelo de ler e ademais a súa historia case seguro que che vai acabar convencendo e deixándote con ganas de seguir lendo.

Sen comentarios