O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais
Ledicia Costas
Xerais
Este
libro gustoume moitísimo, enganchoume dende a primeira páxina que lin e non
puiden soltalo ata rematalo.
Dende
o primeiro instante no que Isla chega á Rexión, Carballo e os seus amigos
fanlle a vida imposible, pero Mar, unha rapaza que recibe cos brazos abertos a
Isla, defendea de Carballo e os seus
amigos. O que me parece unha boísima actitude por parte de Mar e penso que
todos deberíamos actuar así en caso de que alguén acose a outra persoa.
Isla,
para desconectar e aislarse do mundo, chatea todas as noites cun home, que se
oculta baixo o nome de Xúpiter, co que comparte algo en común: a Astronomía. Ao contarlle
aos seus amigos que leva meses falando con Xúpiter, do que dicía estar
namorada, sen coñecer nada sobre el e a súa vida.
Mar e Anxo, os seus amigos, advírtenlle do perigo que
esta a correr xa que eles non se fian dese personaxe. Pero ela non fai caso dos
seus consellos e leva unha sorpresa.
O final sorprendeume moito porque eu esperaba un final
feliz, é dicir, unha historia de amor entre Xúpiter e Isla, aínda que ás veces
tamén se me pasou pola cabeza que Anxo e Isla poderían acabar emparellados.
O personaxe de Carballo odieino dende o primeiro momento
porque non me gustou a actitude coa que tratou a Isla dende que chegou á Rexión
e que a acosara. Pero finalmente, transmitiume o seu lado bo (que tamén o tiña)
e que a súa vida non era nada fácil posto que súa nai estaba metida no mundo
das drogas.
Pareceume un libro moi realista, xa que hai que ter
coidado coa Internet e ás veces sucede o que lle ocorreu a Isla e tamén nos fai
reflexionar, ou polo menos a mín, sobre a drogadicción. Sen dúbida algunha
recomendo este libro a todos aqueles que queiran pasar un momento agradable e
inmerso nunha historia da vida cotiá.

Sen comentarios
Publicar un comentario