O libro de "Reo",
gustoume moito debido a que a historia que lle sucede ao rapaz na vida real
ocorre moitas veces. Porque os rapaces e rapaces da súa idade tamen teñen
afeccións que aos pais non lles gustan e teñen que facelo ás agachadas. E
creo que se xuntou con ese grupo de rapaces tamén é porque aos demais lles pasaba
o mesmo, a cada un dábaselle ben unha cousa, uns rapear, outros a música, outros
o grafitti...etc. Os seus pais non o entendían, o que de verdade o entendía era
o seu avó e tamén o seu profesor que foron os que lle deron os consellos e lle
axudaron.
O final foi triste porque o seu amigo morre, e os demais compañeiros
aínda que non sabían moito del queríanlle.
1 comentario:
Esta novela foime de pouco interese xa que o tema que trata, aínda sendo para xente nova, non me chamou a atención. A súalinguaxe é sinxela pero ten un dialogo bastante vulgar por parte do protagonista e os seus amigos.
Os personaxes que mais me gustaron foron Thun e Cora xa que eran os mais responsables nesta historia.
En xeral, o libro non me gustou.
Publicar un comentario