O libro de
Reo teño que dicir que quizais non foi dos que máis me gustou; pareceume
interesante á hora de aprender cousas sobre os grafittis, os nomes que
empregan, os distintos tipos de rotuladores pero sobre todo, ensínanos que
empregan os grafittis como un xeito de expresar todo o que senten ou pensan.
Reo nesta
historia tamén nos ensina que non sempre as cousas saen como queremos
senón que tamén se poden truncar como é o caso del cando o colle a policía e
o leva a comisaría un feito que enfada os seus pais que nunca se
imaxinaban que Reo fose grafitteiro.
Unhas das partes que máis me gustou desta
historia foi o amor que xorde entre Cora e Reo que dende un primeiro momento
imaxinei que rematarían namorados. Algo que resaltou a miña atención
foi o
vocabulario empregado polo escritor, utiliza palabras e cousas moi recentes e iso
gustoume.
Teño que
dicir tamén que foi un dos libros máis sinxelos de ler, e que aínda que a min non fose
dos que máis me gustase mandaríallo ler a todas aquelas persoas que lle interese
o mundo do grafitti ou queiran aprender algo sobre este mundo que a maioría da
xente pensa que é algo malo.
1 comentario:
Reo é un libro que trata dos problemas dos rapaces de barrio, cas loitas, os graffiti, etc. Non entendín moi ben o argumento, se Oni existía realmente, a morte de Chagui e outras cousas; aínda así gustoume, pois ensina cousas coma a amizade e a lealtade. Trata problemas cotiás, coma a discriminación por mor dos cartos ou as "pelexas" polo mandato dun barrio.
Publicar un comentario