Cando collín o libro, co seu título, Reo, pensei, isto debe ser unha
novela policíaca, pero ao ler a contraportada xa vin que non tiña nada que ver,
aínda que no fondo o protagonista si era o responsable de certas cousas, pero
algo que calquera rapaz pode chegar a ser.
Eu non coñecía moito sobre o mundo do graffiti, pero grazas a este libro deime
de conta da maneira de pensar e vivir doutros rapaces que son coma calquera de
nó , cos seus propios problemas e liortas como temos todos aínda que non o
queiramos recoñecer a estas idades, pasándonos o mesmo que os rapaces da
historia, en certas ocasións, non falamos con nosos pais chegando así a que
pequenas situacións se convirtan en algo moito máis serio.
Por outro lado penso que os que se dedican a facer gaffitis, a través del
intentan transmitirnos os seus sentimentos xa que doutra forma ás veces
resultalles imposible facelo, como lle pasaba a Reo na historia, pero si
demostrou que a verdadeira amizade é algo moi valioso ,e non se debe botar a
perder.
Ao longo do libro fala dos problemas
que ocasionan as drogas, o cal lle pasou a un dos seus amigos, isto faime
reflexionar moito xa que creo que me podería identificar con todo o que
se di no libro, a vez que reflexionei sobre o importante que é comunicarse cos
noso pais..
1 comentario:
O libro de "Reo" non me acaba de gustar de todo porque non se expon un problema de todo serio e o desenlace tampouco me gustou. O libro comeza ben pero non me gusta como acaba, eu cambiarialle o final.
Publicar un comentario