A
temática da novela Reo vai de graffiteiros. Reo é o personaxe
principal, un adolescente de 17 anos. Ía pintando por todos os
lados o seu alcume REO, quería encher a cidade co seu nome, o
contrario de seu avó que facía carteis de cine e nunca os asinaba,
era un artista anónimo. Reo é consciente do valor que ten a
historia e a arte, por iso nunca pintaba en monumentos ou algo que
tivera valor patrimonial.
Este
libro recolle temas moi actuais e nos que vivimos hoxe en día. Temas
como a crise, amizade, drogas, familia, aventura amorosa, diversión
e o rap.
Esta
obra non me gustou moito aínda que me sinto identificada cando o avó
fala co seu neto, Reo, dun xeito moi humano e con moito cariño
aconsellándolle o seu futuro.
1 comentario:
Reo non é unha novela das que me atraigan moito, porque a pesar de que estea dirixida a adolescentes na rúa na que vivo non son temas moi frecuentes.
O protagonista, Reo, non é un persoaxe que máis me chamara a atención. Gustoume máis Chagui xa que, dedgrazadamente, cada vez hai máis xente coma el.
O motivo que quizáis me enganchou máis foi Oni, quería seguir lendo para saber quen era. Pola contra, o amor de Cora e Reo era algo que me esperaba dende o momento en que a nomeou por primeira vez.
Con todo isto, cómpre dicir que aprendín varias cousas sobre os graffiteiros e, aínda que non me vaia moito ese mundo, sempre é interesante saber sobre algo novo e descoñecido.
Publicar un comentario