Reo é un libro que a dicir verdade nin me gustou nin me
desgustou. Na miña opinión a este libro fáltalle algo, un tema controvertido, algo
que manteña ao lector en suspense. Porque dende que empecei a lelo pareceume un
libro moi monótono sen ningunha acción relevante que me empuxara con
curiosidade a continuar léndoo.
Dende o principio do libro ata case a métade o único que nos conta o
libro é a vida de esa persoa á cal alcuman Reo, dos seus amigos, da súa afeción
que é o graffiti e pouco máis... Comprendo que o libro vaia do significado dos
graffitis,tags... e a arte e valor que teñen pero esa historia non chama moito a
miña atención.
O único interesante que pasou para min na historia foi a fuxida de
Cora e Reo aínda que non dura moito tempo e o que pasa ao final na A-100. O que
sucede con Reo cando o pillan facendo os tags non me resulta moi interesante.
Con respecto aos personaxes que interveñen na historia (os amigos de
Reo, Cora, os pais e o avó) deberían realizar funcións no libro máis importantes
xa que ningún deles desenvolve un papel fundamental para a historia.
A parte do final si que me gustou porque
pasa algo que a verdade eu non esperaba, o único é que preferiría que o que
pasou na A-100 se aclarara con máis detalles xa que é un dos temas interesantes
que suceden na historia. Do que tamén me quedou curiosidade é do novo tagueador
que intentaba desafiar a Reo e que ao final sucede que o novo tagueador que
firmaba Oni pode resultar que só fora un espellismo de Reo.
1 comentario:
O libro pareceume realmente aburrido ata que chegou a metade, logo ten de pega que non se sabe o nome de pia de gran parte dos personaxes, nin sequera do protagonista, pero gustoume moito a partir da metade e a demais non todos os personaxes consideran que o grafiti so é unha maneira de vandalismo senon unha arte mais o cal esta moi ben, e a verdade é que o grafiti pa unhas persoas pode ser un arte ou vandalismo iso depende da persoa. A verdade é que o libro gustoume bastante
Publicar un comentario