ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

13/01/08

Xuntos e máis nada

Comentarios de Susana Cumbraos

Xuntos e máis nada
Anna Gavalda
Galaxia



París, exactamente ao pé da torre Eiffel. Alí discorre a historia deste libro, a historia de catro persoas que pouco teñen en común, catro vidas perdidas que devalan no mundo ríspido da cidade, uns ninguén. Catro supervivintes que van aprender a compartir os medos, as esperanzas, a tenrura, a amizade, os desencontros. Este libro está escrito dende a experiencia da fraxilidade do ser humano, ese delicado equilibrio entre felicidade e desalento.
Son catro persoas doídas pola vida. Un pasado penoso. Pouco a pouco, a paz. E nós, lectores, compartimos con eles. Dende o amor que nace ata o desamor que foxe rapidamente.
Sen dúbida este libro está moi ben e é doado de ler, polo que penso que lle vai gustar a moitas persoas, se están dispostas a mergullarse nas súas páxinas para aprender un pouco máis da vida.
Tamén teño ganas de ver a película que veñen de realizar, aínda que temo os resultados.

Sen comentarios