ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

29/06/14

O asasinato de Roger Ackroyd

Comentario de Martina Domínguez

O asasinato de Roger Ackroyd

Agatha Christie
Galaxia 




O libro da famosa escritora Agatha Christie, "O asasinato de Roger Ackroyd" tíñame boa pinta cando o collín e comeceino a ler con ganas. Custoume un pouco engancharme, pero, unha vez que o fixen, lino dun plumazo.
A historia conta un asasinato é como o investigan despois. O que máis destacaría do libro é o seu simple e, á vez, inesperado final que me encantou. Aínda que recalco que me pareceu incribel a última páxina, ver como unha persoa pode estar así de transtornada parecendo tan corda.
Os personaxes non están moi caracterizados e iso deixa que a imaxinación voe á hora de pensar nos feitos e en como son. A historia transcorre un pouco lenta e ten cousas algo enrevesadas, polo que hai que lelo prestándolle moita atención. E, se ti mesmo queres descubrir ao asasino, quedarse con todos os detalles que vai narrando o protagonista mentres conta a historia.
E que ninguén vaia pensar que aquí só hai suspense! É ben certo que non profundiza neso, pero tamén se narra unha historia de amor que ramifica noutras dúas inesperadas.
Así que, se che gustan os libros de misterios e queres pasar un bo rato, recoméndoche que empeces a ler xa unha das mellores novelas de Agatha Christie!
 

Sen comentarios