Comentario de Denise Varela
Poetízate
Fran Alonso
Xerais
Unha compilación de poemas recopilados por Fran Alonso, nos que se atopan unha
gran variedade de estilos e autores.
Na miña
opinión. o libro non me gustou tanto do que eu esperaba, xa que oía moitos
bos comentarios da xente acerca del e dos seus poemas. Supoño que as miñas
expectativas falláronme. Pero tamén debo dicir que nunca se me deu por ler
poesía, xa que nunca me atraeu moito e isto, por dicilo de algunha maneira, era
“algo novo para min”. Pero penso que agora si que me vou achegar un chisco
máis á poesía. Aínda así, non o vou negar, houbo certos poemas que me
namoraron, destacando os poemas de Lupe Gómez e a súa sinxeleza de
escribir eses versos. Sen dúbida ningunha, podo dicir que os seus
poemas namoráronme, o que máis “Quérote”. Cada vez que os acababa de ler,
botáballe unha ollada tras outra. E tamén me vou quedar co poema de “Tócame” de
Rosalía Fernández , que me pareceu un dos máis fermosos.
Por
último, darlle as felicitacións a Fran Alonso polo duro traballo de escoller
entre tanto poemas galegos, e xuntalos nun mesmo libro. Grazas ao seu esforzo e á súa
dedicación.
Sen comentarios
Publicar un comentario