A vida dunha muller
é moi complicada, e iso os homes nunca o chegan a valorar. Os sentimentos que
ten unha muller son moi contraditorios e detrás deles, sempre hai un home. Non podía
soportar ler como Manuel insultaba e lle daba malos tratos á muller. É moi duro
ver como unha muller é tratada así, e o peor de todo é que iso pasa moi a miúdo
e sen darnos conta. Na miña opinión, as mulleres deberíamos valorarnos máis, valorar
todas as nosas facetas, que nunca son poucas. Gustoume moito a actitude de
Fernanda: positiva e soñadora. Así é como tiñamos que ser todas, positivas en
todo.
Este libro axudoume
moito para saber como actuar nun futuro próximo e saber que me teño que valorar
como son. O día no que todas as mulleres se valoren, o machismo xa non existirá
máis, porque podemos chegar a ser máis poderosas caos homes.
Sen comentarios
Publicar un comentario