Comentario de Marcos Quintana
Un Monstro vén a verme
Patrick Ness
Kalandraka
Un Monstro vén a verme
Patrick Ness
Kalandraka
Un monstro vén a verme é o
libro perfecto que un adolescente ou
adulto pode ler. O autor describe á perfección como se debe sentir
unha persoa que ten un familiar en risco de morte, tamén describe perfectamente
mediante escenas no libro a sociedade de hoxe en día.
O libro narra a historia
dun rapaz que ten unha nai que padece cancro. No instituto ao que o rapaz
ía, había un neno (Harry) que era o mellor para as profesoras pero era o demo en
persoa para Conor. Harry e os seu dous compañerios sabían da enfermidade da nai de Conor, entón estes aproveitaban para desfacer a Conor
mentalmente mediante insultos, agresións…
No libro, Conor ten medo a que se faga
realidade unha verdade que el non quere que se faga. Por mor dese medo ,Conor ten
sempre o mesmo pesadelo e comézaselle a aparecer un monstro que quere axudar a
Conor. O monstro díxolle que contaría 3 historias e que despois Conor tería que
contar a última.
Pareceume o mellor libro que lin na miña vida xa que trasmite
uns sentimentos de dor que ata os lectores poden percibir eses sentimentos e
poden caer algunhas lagrimiñas cousa que a min me pasou. Recoméndovos que
merquedes este libro se queres sentir unha experiencia como lector que nunca olvidarás.
Sen comentarios
Publicar un comentario