Comentario de Roberto Agra Buján
Gárgola
Carlos Vila Sexto
Galaxia
Gárgola
Carlos Vila Sexto
Galaxia
Como me gusta o xénero de terror, dá gusto ler
este tipo de novelas, se ben é certo que este relato non é dos mellores que
lin, tampouco é dos peores, o suspense imperante durante toda a novela sobre a
historia do pai do protagonista é o que máis me enganchou.
O argumento da novela é fácil de resumir, un
día, uns coñecidos do protagonista, chamado Jeremy, o cal sofre uns extraños
pesadelos, aparecen mortos, a partir dese momento Jeremy empeza a atoparse
con un escuro home que lle di que o seu pai matou á súa irmá e á súa nai.
Os personaxes non son o punto forte do relato,
cumpren máis a función de fíos condutores que vinculan diferentes datos ou
feitos, os personaxes non teñen unha gran carisma coa cal poidas encariñarte
con eles.
Gárgola é un relato que sen brillar en moitos
aspectos, fai que o relato te enganche de tal maneira que acabes por ler o
libro nunha tarde.
Sen comentarios
Publicar un comentario