A piragua
Cándido Pazó
Laiovento
Cándido
Pazó, unha das figuras máis destacables do panorama teatral galego,
explora dunha forma diferente un problema que iltimamente está
medrando moito: a violencia de xénero. Neste libro ensínase un
episodio que ocorre nunha comunidade de veciños, Delio non se adapta
aos cambios sociais e quere impoñer esta idea sobre todo o mundo, e
o que é peor, este home dirixe a violencia contra a súa muller. A
historia mestura pasado e presente, mostrando distintos enfoques sobre
os personaxes e definindo pouco a pouco os verdadeiros protagonistas.
Cando
empecei a ler este libro fíxeno con moita ilusión, xa que poucas
veces tiña lido teatro, e teño que recoñecer que me gustou este
xénero, xa que non hai tantas descricións coma na narrativa... pero
por outra parte non me gustou moito, xa que cada capítulo ten lugar
nun ano distinto, é dicir, dá moitos saltos temporais que fan a
lectura máis complicada.
É un libro que pode ter varios enfoques e
creo que lle pode gustar a moita xente, pero a min non me foi fácil
de ler.
Sen comentarios
Publicar un comentario