Comentario de Noa Presas González
Un Monstro vén a verme
Patrick Ness
Kalandraka
Esta novela pode parecer una historia ben simple e infantil, pero leva consigo unha seria
de mensaxes e unha carga emocional incríble, que nos ensina a aceptar as cousas
irreversibles e inevitables como a morte.Nas súas escasas páxinas deixa ver
unha serie de sentimentos que van dende a ira e odio ata a desolación, todas as
cales eu,como lectora experimentei profundamente.
A temática vai dun neno chamado Connor cuxa nai está en tratamento
de cancro, e este neno ten que asumir o inevitable a pesar da dor que iso
trae.Pero non está só senón que sete minutos despois da media noite aparecerá un
monstro, pero non un monstro malvado, é antigo, sabio e non busca aterrorizalo,
senón que busca a verdade, algo que Connor teme contar.
O citado monstro,proponlle un trato, el contaralle tres historias e
logo o neno contaralle unha cuarta, que
sería una revelación de que lle ocorre nun pesadelo que leva sufrindo dende fai
un tempo, dende o meu punto de vista os relatos reflicten o carácter dos seres
humanos, que non hai bos nin malos, e que todo pode verse dende outro punto de
vista.Tamén temos a nai que encarna a loita e as ganas de vivir.E por outro
lado a avoa, que representa una especie de “antagonista” na historia.
Na niña opinión persoal parecerme una novela que a primeira vista
pode parecer simple pero é una historia incrible e emocionante, divertida e
conmovedora na que o valor pode superar a dor.Dende logo identifiqueime con
Connor porque aínda que non vivo a mesma situación ca el, gañou o meu corazón
dende o principio da novela.En definitiva, recomendo esta novela a todos os públicos,
xa que a min fíxome rir,chorar, pero sobre todo gozar.
Sen comentarios
Publicar un comentario