Comentario de Alba García
Marta ante o espello
Teresa Calo
Xerais
A verdade: este monólogo gustoume bastante, foime
moi doado de ler e resultoume entretido. Creo, baixo o meu punto de vista, que
este relato nos quere amosar os sentimentos ou a mentalidade da propia
enferma. A presión social que conleva a esta enfermidade.
Teño unha gran pregunta: por que esta enfermidade se
asocia coas mulleres?
So nós debemos estar ''guapas'' para ser
aceptadas?, só nós debemos cambiar?, aquí, creo, que se non me equivoco temos
outra desigualdade entre sexos.
Coñezo a unha persoa anoréxica, creo que despois deste
libro creo que a entenderei mellor. Ela estao pasando fatal aínda que é unha
rapaza que xa se esta recuperando.
1 comentario:
"Marta ante o espello"escrita por Teresa Calo Fontan,faime cavilar na inseguridade das rapazas,sobre todo ao chegar a adolescencia.Este libro trata sobre a anaroxeia,en como Marta queria baixar o seu peso ata tal punto que se cortaba as venas porque cria que eso adelgazaba,en concreto todos nos deberiamos de parar a cavilar neste tema e de como hoxe en dia se non tes un corpo proporcionado xa non eres aceptado,ou en que medida o mundo ensinache a esas modelos pola television con ese corpo esqueletico e a altura que teñen,propiciando a pensar se estas como elas,tes un corpo perfecto.
Publicar un comentario