Comentario de Noelia BlancoMarta ante o espello
Teresa Calo
Xerais
É unha obra teatral na que a protagonista vai
abordando a súa enfermidade e obsesión polo seu corpo ata que a terminou
matando. Como ben se.pode deducir do título, a principal preocupación de Marta
é o seu físico, co cal non se ve conforme, sendo a súa principal rival a
báscula. Ilústranos como se senten estas persoas e as súas familias, como a
sociedade nos fai crer que se non tes un bo corpo non eres nada. Transmítenos
os complexos, ideas e pensamentos destes pacientes, así como o sufrimento e
sentimento de culpa dunha nai que ve como a súa filla vai cada vez a menos.
A anorexia é un tema do cal creo que non se fala demasiado, a pesar de ser un
problema que calquera persoa pode padecer, polo que llo recomendo a todos,
especialmente ó público adolescente que, en xeral, é o que máis sufre esta
enfermidade.
1 comentario:
O libro de Marta ante o espello é o segundo libro que leo en forma teatral
e teño que dicir que me encantou. O argumento principal que se trata nesta
historia é a anoréxia, un trastorno que remata coa vida da nosa protagonista
Marta. Reflexa a situación de deseperación por parte dos pais e de arrepen-
timento cara ao final do libro por parte de Marta.
Penso que todo o mundo debería coñecer ben este tipo de situacións e para
iso deberían ler esta historia tan entretida. Teño que dicir que coñezo persoal-
mente a unha xóven con este problema e que ten unha mentalidade semellante
a de Marta e nunca quere que lle boten unha man e iso é algo verdadeiramente
triste.
Publicar un comentario