Comentario de Marcos Quintana Cuñarro
Marta ante o espello
Teresa Calo Fontán
Xerais
Marta ante o espello
Teresa Calo Fontán
Xerais
Elixín perfectamente
o libro para ler, xa que é en tan poucas páxinas narra o
que ocorre cunha enfremidade tan grave como pode ser a anorexia ou a
bulimia.
Neste libro, a autora Teresa Calo Fontán, ábrenos os ollos aos lectores
do efecto que a anorexia ou a bulimia pode causar nunha persoa ou lle pode
afectar aos familirares cercanos, pais…
Isto
é o que lle ocorre a Marta, que é unha moza de dezasete anos e sofre
anorexia. Marta faleceu por mor desta enfermidade, e tras a súa morte ela fai
unha reflexión moi profunda sobre o que fixo no seu pasado, ela lémbrase dos miles de prantos que ten
botado súa nai polo mal que se estaba a facer a si mesma.
Sorprendeume a imaxe
da portada do libro, é certo o que di meu pai que “unha imaxe vale máis ca mil
palabras”pois só esa imaxe estanos a dicir unha morea de cousas.
Na miña opinión, é un
libro con finalidade didáctica e tamen un libro ambientado cara aos
adolescentes para intentar conciencialos dos estragos que causa esta enfermidade no noso corpo, podería ser un pouco máis longo xa que o
tema da anorexia é moi importante.
Recoméndovos mercalo se queredes
facer unha reflexión sobre as persoas que sofren anorexia, ou tamén que por
culpa da sociedade de hoxe en día, que lle asina alcumes ás persoas por ter distinta condición
física cá dos demais, acaban por volverse anoréxicos. Unha simple broma a un
amig@ utilizando a palabra gord@,pode rematar cun final moi tráxico.
Sen comentarios
Publicar un comentario