Editado por Xerais, Marta ante o espello é unha fantástica obra de teatro, escrita por Teresa Calo Fontán, e fálanos do misterioso e complicado tema da anorexia.
Sendo un monólogo, Marta, a nosa protagonista, fállale a un suposto público co que intenta averiguar onde se atopa, e así vainos contando a súa historia. No escenario van aparecendo diversos obxectos, un espello que nos representa a transparencia da merma, un báscula da que se nos conta outra historia, tamén presenta mais personaxes.
Preséntasenos temas coma é o sufrimento dos pais, o adelgazamento dunha enferma, e logo a desesperación e o abandono... ata chegar á morte.
Notamos como Marta nos humoriza o desestimento da nai, como nos presenta os estereotipos que forzan a sociedade dunha “ beleza” perfecta?, a forza que exerce Internet sobre estes casos…
Gustoume moito a portada, polo menos a min refléxame moito, tamén me gustou a escena na que o esqueleto representa a atrocidade que Marta lle fixo ao seu corpo.
En xeral gustoume o texto, e gustríame poderlla recomendar a alguén; teño oído por aí que non se deberían ter libros destes temas nunha biblioteca dun instituto… e enfatizo en que debe haber máis dado que calquera persoa que sufra esta enfermidade poida atopar imformación, non só diagnóstica, senón tamén literaria e que descubra que neste problema non está soa.
1 comentario:
te libro pareceume moi raro, extraño, ata me custou lelo, non me agradou, é un tema, unha historia que non te engancha, polo menos na miña opinión. O tema si que me pareceu interesante, pero non a forma na que o trata. En sí, o libro é moi aburrido, so ten tres persoaxes que interveñen, a báscula , o esqueleto e ela, e ademais o que non axuda a darlle dinamismo e que toda ou case toda a historia se desenvolve nun mesmo lugar, non cambia o espacio no que se desenvolve a ación. A miña conclusión sobre este libro é que trata un tema importante como é a anorexia pero non saben como sacarlle partido.
Publicar un comentario