Enderezo
descoñecido nárranos a correspondencia que se establece entre Max, un xudeu
americano e Martin, un alemán que volve a súa terra natal durante a época de
Hitler. Ademais tamén nos fala dun amor que houbo entre a irmán de Max,
Priscilla, e Martin, do cal súa muller Elsa non sabe nada.
A
medida que vamos lendo observamos un avance psicolóxico de Martin ao chegar a
Alemaña no que pouco a pouco vai rexeitando a raza xudía e acepta a autoridade
de Hitler facendo así que este non
queira saber máis nada de Max por medo a que o maten, a quen nalgún día o
considerara un irmán. O libro móstranos como a sociedade pode cambiar a unha
persoa por medo a ser xulgado e como a
xente se une ao bando equivocado para ser levado ao triunfo, a pesar que isto
mate a miles de persoas inocentes.
Gustoume
moito o libro e algo a destacar del é a súa axilidade para ler, ademais que é
moi curto ten un poder atrapante. O que non foi do meu agrado foi o final xa
que esperaba que Martin se dera conta das inxustizas da súa terra volvera a
América e que todo fora como antes de voltar a Alemaña. Un feito que me marcou
moito foi a morte de Griselle e como Martin mirou atrás aínda que el cría que a
axudara.
Recomendo
moito este libro xa que a pesar das súas sesenta páxinas abráiate coa cercanía
da realidade que trata . Ademais achégate moito a esa Alemaña nazi pasada, da
que aínda hoxe se fala.
Sen comentarios
Publicar un comentario