Comentario de Marcos Quintana Cuñarro
Nubes de evolución
Andrea Maceiras
Xerais
Nubes de evolución
Andrea Maceiras
Xerais
Nubes
de evolución é unha historia de
fríos, de inestabilidades, de soidades, de encontros casuais,e de personaxes
que, unidos pola frase dunha canción e tamén pola presenza de dúas persoas co
mesmo nome, unha delas soamente citada ao final do relato, conseguen atoparse a
si mesmas.
Esta novela
é moi boa de ler tanto para adultos como para adolescentes. A novela narra as historias de tres personaxes, que casualmente
sempre se encontran nunha estación de autobuses, onde o frio e a soidade se
aprecian nela con moita frecuencia.
Os personaxes son Amanda,unha moza de 19
anos que xa ten unha filla (Ánxela), pola parada tamén pasa un rapaz chamado
Uxío,que trata moi mal á súa moza por mor dos comportamentos dos seus pais, e
outro personaxe que se chama Luís que o está a pasar moi mal tras a morte da
súa muller e parece incapaz de superalo.
A escritora do libro (Andrea Maceiras)
pretende achegar ao lector como a vida de tres persoas distintas, se lles cruza
no camiño e estas comezan a empatizar uns con outros. Pareceume unha gran
novela que narra historias moi tristes, pero finalmente a felicidade vence á
tristura e á amargura destes tres personaxes e a novela acaba cun final feliz
para todos.
Sen comentarios
Publicar un comentario