Comentario de Lorena Vázquez Codesido
Alicia no país das marabillas
Lewis Carroll
Xerais
Este libro
saca o lado máis fantasioso e imaxinativo dunha persoa, neste caso, o meu.
Ao ler o
libro, a imaxinación e a forma de ver a vida da protagonista, vaite involucrando
no libro, unha das cousas que máis me sorprende é a confianza que exerce Alicia
sobre os personaxes deste conto, como por exemplo cando quixo entrar no xardín
máxico e bebeu a poción para minguar de tamaño.
A súa
relación co reloxeiro, co coello, coa eiruga (e a súa falla de entendemento entre
eles), e o xogo do croquet coa raíña…. demóstranos a facilidade que tiña Alicia
para facer amigos.
Eu creo que
o único malo que ten este libro é o final , que parece que o autor o contou de
corrido, querendo acabalo canto antes.
O que sen
dúbida máis me gusta é o surrealismo da historia e os xogos de lóxica que
presenta cada unha da súas páxinas, ademais tamén se poden apreciar as críticas
que abertamente fai o autor sobre a sociedade.
Non resulta
un libro aburrido, creo que podería lelo un montón de veces e xamais perdería a
súa esencia. O libro en si é un pouco tolo, pero como di o gato de Chesire: ”Aquí
todos estamos tolos”.
Se alguén me
pedira consello para mercar un libro sen dúbida entre outros, recomendaríalle
este. Porque creo que á pesar da idade que teña o lector vaille aportar algo
diferente.
Este intre
que pasei ao carón da xanela, recordando este libro que acabo de ler, fíxome
chegar á conclusión de que todos aportamos algo, aínda que non sexamos
semellantes.
Sen comentarios
Publicar un comentario