Comentario de Noa Presas González
Harry
Potter e a pedra filosofal
J. K. Rowling
Galaxia
Esta novela xuvenil Harry
Potter e a pedra filosofal de J.K é unha historia chea de misterios,comedia, e
maxia a rebosar.
Conta a historia dun neno
orfo chamado Harry Potter, que vive na casa dos seus tiránicos tíos.Harry
síntese só e pouco querido ata que un día recibe una carta da escola de magia e
feiticería de Hogwarts, e a pesar das prohibicións dos seus tíos, consegue
matricularse.Alí descubrirá cousas sobre a estraña morte de seus pais.Eles
tamén eran magos;Liliy Potter e James Potter, pero desgraciadamente foron
asasinados polo mago máis malvado da historia Lord Voldemort, entón Harry
descubre o por que da súa cicatriz na fronte con forma de raio, el era
especial, Lord Voldemort tamén intentara matado a el, pero non funcionou, foi a
única persoa do mundo a que sobreviviu a maldición avada kerdavra.Moi pronto
fai amizade con moitos outros nenos pero en especial con Ron Weasley e Hermione
Grainger,os cales o axudarán nas pescudas por descubrir máis e forxarán una
forte amizade.Relacionado coa morte de seus pais comezan a suceder cousas estrañas no castelo de
Hogwarts, e Potter chega a conclusión de que é unha conspiración para roubar a
Pedra Filosofal, que está escondida no castelo, e grazas a ela poderían volver
a Lord Voldemort máis forte, polo que Ron,Harry e Hermione tratan de
impedilo.
Esta primeira parte da saga
paréceme frouxa en comparación co resto das novelas, pero xulgada
individualmente paréceme xenial,é una lectura sinxela e desde logo mol
entretida, non hai ningunha parte do libro que sentirá a necesidade de saltar
senón que devorei as páxinas con moito interese. A parte de todos os conxuros,
lugares máxicos e cousas extraordinarias que J.K puxo nestas marabillosas
páxinas,coa que máis me quedei dentro foi a preciosa amizade que estes nenos
forxan entre si.E non podía quedar sen dicir que a saga de Harry Potter xunto
con este libro, son as únicas novelas que nunca me cansarei de ler, sen dúbida
os meus libros favoritos, e aínda que sexa un soño cada vez que abro a caixa de
correo espero esa carta de Hogwarts que nunca chegará.
Sen comentarios
Publicar un comentario