“As
mil e una noite”, un título moi interesante, con só lelo a cabeza empezou a
pensar en moitas cousas, pero en nada que ver co conto.
Pensei
que serían moitas historias e que lle pasarían á mesma persoa pero non foi así,
senón que a mesma persoa contaba todos eses pequenos contos cheos de maxia onde
había dende alfombras voladoras e xenios, ata viaxes fantásticas ou lendas
relixiosas dos musulmáns, onde ás veces se pasaba dunha historia a outra case
sen rematar a anterior, deixándome sempre cunha sensación de que aínda non
acababa unha para empezar outra, polo cal notaba que me faltaba algo e xa tiña
que pasar á seguinte.
Todas
as historias intentan transmitir una especie de lenda ou ensinanza para
axudarnos a comprender ou actuar dunha certa maneira ou doutra en certas
ocasións.
Tamén
vin que en case todos os relatos vemos reflexado o machismo, que nesa
época era moi habitual e sobre todo en certas relixións.
A
historia que máis me sorprendeu foi a de “As mil e una noite de Sahrazad”, xa
que penso que grazas aos seus coñecementos logrou algo moi importante a través
das súas historias cheas de intelixencia e sabedoría, como foi que o rei se
dese conta de que cada un é diferente, de que non se pode xulgar a todo o mundo
igual, xa que a súa actitude non era a máis correcta, porque eu opino que as
culpas dunha persoa non se poden xeneralizar a todas, xa que todas as mulleres
non eran iguais.
O
resto das historias como pode ser: “Aladino e a lámpada maravillosa”, “Alí Babá
e os corenta ladróns”, “A fábula do lobo e a raposa”…..non me resultaron tan
interesantes a hora de ler, pero eu penso que era porque xa dunha
maneira ou doutra as tiña lido ou escoitado, e non polo valor que transmitía
cada unha delas.
1 comentario:
Este libro gustoume bastante polo que aprendín lendóo sobre a cultura árabe. Neste libro presentase una variedad de temas xa que nel temos un amplio abanico de contos,alguns relacionados outros non.tamen podemos presenciar una crítica a maldade do ser humán: asasinatos,vinganza,infidelidades... A miña persoaxe favorito foi Sahrazad porque era moi sabia e intelixente.
Publicar un comentario