Comentario de María Rodríguez González
Durmido sobre os espellos
Jordi Sierra i Fabra
Galaxia
Este libro de Jordi Sierra i Fabra, está moi
ben e é entretido. Ocorren cousas que o lector non espera. Hai que lelo ata a
última páxina do libro porque se non, non saberás o verdadeiro final. É destes
libros que ao comezalo a ler apetece seguir ata rematalo.
Os temas principais deste libro son o amor e
a historia e a vida en Cuba.
Diego, o personaxe principal, paréceme unha
persoa moi valente e madura para os seus 19 anos. Quíxose interesar sobre o
pasado da súa familia ao descubrir que o seu avó aínda vivía. Decidiu tomar a
decisión de ir a Cuba, onde coñeceu a Tania e onde viviu moitas experiencias
nas que aprendeu moito.
É un libro moi triste; tanto o comezo coma o
final son tristes. A pesar diso gustoume
moito.
Unha ensinanza que se pode extraer é que hai
que loitar ata o final para conseguir o que queres.
Sen comentarios
Publicar un comentario