Comentario de Adrián Mato
J. B. Priestley
A Visita do inspector
Vicens Vives
Penso que é un
libro moi interesante que engancha de contado ao seu lector, principalmente porque
queres saber que relación ten cada un dos personaxes coa falecida, o bo da
historia e que xa dende un comezo ti podes sobreentender que todos teñen algo
que ver con esa morte, por iso, tes ganas de que vaia un por un despachando
todo o que sabe e facendo falar aos
culpables.
Ao meu parecer
é unha historia completa que te fai rir nalgunhas situacións e chorar noutras,
mestura varias historias e remata por xuntalas todas aínda que ao final xa non
sabes se foi casualidade e non se trata da mesma persoa, ou pola contra, por
culpa da necidade desa familia unha rapaza suicidouse. Sexa como fose ao final
unha rapaza acaba morta e un inspector, esta vez de verdade, vailles facer unha visita a aquela humilde
familia. O que me pareceu máis interesante nesta novela é a capacidade que
teñen os rapaces de asumir o que fixeron e sentirse mal por facelo. Os pais,
pola contra, non asumen a súa parte da culpa e só lles preocupa o feito de que
iso saia a luz e perdan a reputación que tanto lles custou gañar.
Sen comentarios
Publicar un comentario