“As mil e unha noites” foi o libro máis aburrido que lin ata o momento;
opino así porque non foi un libro que me enganchara e que tivera ganas de
seguir lendo.
Penso
que este libro non tiña fío conductor, porque ás veces aínda non acabara unha
historia e xa empezaba outra, iso si, todas estas historias transmitían unha
ensinanza.
A actitude do rei non me parecu a axeitada, porque as demais mulleres do
reino non tiñan culpa de que a súa muller lle fose infiel. E el cada día casaba con unha e ao día seguinte matábaa. Grazas
á astucia de Sahrazad, o rei
despois de 1001 noites quedou cativado, non pola súa beleza, senón polos seus
coñecementos; facendo así que o rei cambiase de opinión.
A maioría dos contos non me gustaron, porque o tema do que trataban non era
do meu interese; aínda así houbo algúns que me gustaron, como Aladino e a
lámpada máxica, Alí Baba e os corenta ladróns e por último As mil e unha noites
de Sahrazad.
Sen comentarios
Publicar un comentario