Comentario de David González Sampayo
Cemiterio de elefantes
Fran Alonso
Xerais
"Cemiterio de elefantes" é un fantástico e marabilloso libro, no
que se fai unha viaxe ao interior da noite viguesa. Este libro posúe unha
estrutura semellante a outro libro de Fran Alonso, A punta de
pistola. Estes dous libros parécense na combinación de varias historias nunha
soa e tamén na forma de unilas. Coma en case todos os libros deste gran autor a lingua é sinxela, pero a súa vez, cargada de gran significado. Unha das
cousas que máis admiro desta obra é gran variedade de temas que o seu autor
introduce nun libro de tan só cen páxinas.
Este libro, na miña opinión, transmíteche a idea de que é unha especie de
entrevista as persoas que traballan durante a noite e tamén ás que saen de
festa e de marcha.
A historia posúe un gran realismo, xa que os personaxes das historias
poderian ser calquera de nós, os lectores da obra. Outro detalle polo cal a
obra posúe, para o meu gusto, un gran realismo é pola detallada descrición que
se dá sobre o lugares onde transcorren as accións e sobre os personaxes que
protagonizan cada un dos relatos.
É un libro que me sorprendeu porque algunhas das escenas que posúe son
bastante calafriantes e póñenche a pel de galiña, como por exemplo, cando no
primeiro capítulo un home intenta violar a unha muller ou coma no cuarto no que
o dono dun bar atopa a un cliente tirado no baño despois de meterse droga
cunha xiringa. Todas elas son situacións que che fan reflexionar, cousa que
creo que quería conseguir o autor con este libro. Por outra parte nesta obra
denúnciase a pouca consideración da que gozaban as mulleres nunha
sociedade machista.
En definitiva, foi un dos libros optativos de todos os que levo lidos, case
todos de Fran Alonso, dos que máis me gustou en canto a súa estrutura, a súa
linguaxe e, sobre todo, en canto ao seu real e intrigante contido.
Sen comentarios
Publicar un comentario